lunes, 30 de enero de 2012

Serán de Arbo

O pasado sábado fomos ao serán de Arbo. Alí estabamos todas dispostas a tocar a pandeireta e cantar o que fixera falta. Cando chegou o momento de subir, Tereixa , que estaba rouca, Geni e Rocío, decidiron non subir e quedar abaixo para "animarnos" dixeron.
E abofé qaue nos animaron. Mentras cantabamos non parabamos de escoitar os seus aturuxos, os seus aplausos e os seus berros de ánimo.

Levamos:
- Rumba de Toedo.
- Muiñeira de Lourido.
- Pasodoble de Lasoxo e....
atrevímonos coa Rumba de Miguel do Souto.

E levamos tamén cámara de fotos, aínda que Darío, o fotógrafo, sacou as fotos cortadas e non temos ningunha completa. Deixo a mellor.

domingo, 22 de enero de 2012

Foliada en Paraños

Comenzou o ano en non paramos de ir de festa e foliada, aínda que nos esquezamos de levar a cámara para "deixar constancia"
Fomos ao serán de Prado da Canda, logo ao serán dos noso veciños de Cabeiras, que foi o venres. Preparamos para este serán a Ribeirana que nos ensinaran América e Emilio o ano pasado,en homenaxe a Emilio, que sabemos que está ben maliño.
Onte  fomos a Paraños.
Aínda que a gripe está facendo estragos e as voces estaban en mínimos enfrontámonos ao reto de cantar.... e cantamos!!!!
- Salteado de Toutón
- Agharrado de Cernadelas.
- Baila ti.
- Maneo de Viladabade.
- Palmira.
- Ribeirana de Vilar de Cabeiras.

Mónica tivo que sacar ela as cancións, e xa quedou claro que de agora en diante cantamos con ela.
Aquí queda a proba documental da festa, que esta vez si había cámara de fotos- contan que a foliada durou ata caseque entrada a mañán-