lunes, 19 de marzo de 2012

Serán de Oliveira

O sábado 10 fumos ao serán de Oliveira.
Mimadriña que de xente! Chegamos ás dez e media e collimos o número 37- estaba cantando o grupo número 6-.
Claro, cantamos ás tres e media da mañán, e pechamos o serán porque os que estaban tras de nós xa decidiran marchar.
Había moitísimos grupos de pandereteiras, os menos foron os gaiteiros.
Pasamos a noite cantando e bailando, cando nos tocou a nós xa estabamos agotadase roucas.
Foi con nós Noa, a pandereteira pequeniña, que como adoecía por tocar subíu a tocar cuns gaiteiros amigos.

Temos a foto dela, que a nosa esqueceusemnos  encargar a alguén de facela.

lunes, 30 de enero de 2012

Serán de Arbo

O pasado sábado fomos ao serán de Arbo. Alí estabamos todas dispostas a tocar a pandeireta e cantar o que fixera falta. Cando chegou o momento de subir, Tereixa , que estaba rouca, Geni e Rocío, decidiron non subir e quedar abaixo para "animarnos" dixeron.
E abofé qaue nos animaron. Mentras cantabamos non parabamos de escoitar os seus aturuxos, os seus aplausos e os seus berros de ánimo.

Levamos:
- Rumba de Toedo.
- Muiñeira de Lourido.
- Pasodoble de Lasoxo e....
atrevímonos coa Rumba de Miguel do Souto.

E levamos tamén cámara de fotos, aínda que Darío, o fotógrafo, sacou as fotos cortadas e non temos ningunha completa. Deixo a mellor.

domingo, 22 de enero de 2012

Foliada en Paraños

Comenzou o ano en non paramos de ir de festa e foliada, aínda que nos esquezamos de levar a cámara para "deixar constancia"
Fomos ao serán de Prado da Canda, logo ao serán dos noso veciños de Cabeiras, que foi o venres. Preparamos para este serán a Ribeirana que nos ensinaran América e Emilio o ano pasado,en homenaxe a Emilio, que sabemos que está ben maliño.
Onte  fomos a Paraños.
Aínda que a gripe está facendo estragos e as voces estaban en mínimos enfrontámonos ao reto de cantar.... e cantamos!!!!
- Salteado de Toutón
- Agharrado de Cernadelas.
- Baila ti.
- Maneo de Viladabade.
- Palmira.
- Ribeirana de Vilar de Cabeiras.

Mónica tivo que sacar ela as cancións, e xa quedou claro que de agora en diante cantamos con ela.
Aquí queda a proba documental da festa, que esta vez si había cámara de fotos- contan que a foliada durou ata caseque entrada a mañán-


viernes, 18 de noviembre de 2011

Serán de Lourido


Neste curso xa fomos cantar a varios seráns: ao serán de Randufe, en A Cañiza e ao serán de Barcela, en Arbo, pero esquecimos levar a cámara para "documentar".

O domingo pasado fomos ao serán de Luorido, en Folgoso de Salvaterra e esta vez, si levamos a cámara de fotos. Levamos:

A rumboia.
Palmira.
Rumba de Toedo.
Maneo de Viladabade.



martes, 29 de marzo de 2011

Pandereteiras

O blog das pandereteiras de Vide quedouse pasmado unha mañán de xiada, pero agora que chega a primavera imos ver se podemos ilo enchendo pouco a pouco para contar como nos vai, a onde imos e que novas temos.

E empezo agora mesmo:
O sábado fomos ao serán de Vilacoba, levamos:
-"Anda! , que xa non te quero"
- " Montealegre" e
-" Ao baixar do monte"
Estivemos a piques de cambiar a primeira pola Xota de Cabeiras, porque
outras pandereteiras que cantaron antes ca nós tamén a levaban, pero como era outra versión , ao final cantámola igual.
Tocounos cantar a unha da mañán pero a esa hora empezou a festa para nós.
Tocamos c@s de Arbo,
esperamos para tocar e cantar acompañando aos "Catro Langhetas" - os tres nenos "nosos"- e cando marchabamos e o
serán ía acabando ós de Vilacoba pedíronnos que nos quedáramos e lle botaramos "unhas"



E pasounos iso de:

"agora que ma puxeron
a pandeireta na manhe
aghora que ma puxeron
canto aquí a mañanhe"



martes, 8 de febrero de 2011

Montealegre

Poño aquí Montealegre, dos Carunchos, para afinar ben:

jueves, 28 de octubre de 2010

Rumba de Mondariz

En nada comenzaremos cos cantos de reis, pero antes esta Xota do Barrio do Ceo e Rumba de Mondariz para ir aprendendo


e tamén a Rumba de Anxeriz, que nós coñecemos como Rumba de Toendo