lunes, 30 de enero de 2012

Serán de Arbo

O pasado sábado fomos ao serán de Arbo. Alí estabamos todas dispostas a tocar a pandeireta e cantar o que fixera falta. Cando chegou o momento de subir, Tereixa , que estaba rouca, Geni e Rocío, decidiron non subir e quedar abaixo para "animarnos" dixeron.
E abofé qaue nos animaron. Mentras cantabamos non parabamos de escoitar os seus aturuxos, os seus aplausos e os seus berros de ánimo.

Levamos:
- Rumba de Toedo.
- Muiñeira de Lourido.
- Pasodoble de Lasoxo e....
atrevímonos coa Rumba de Miguel do Souto.

E levamos tamén cámara de fotos, aínda que Darío, o fotógrafo, sacou as fotos cortadas e non temos ningunha completa. Deixo a mellor.

No hay comentarios: