viernes, 18 de noviembre de 2011

Serán de Lourido


Neste curso xa fomos cantar a varios seráns: ao serán de Randufe, en A Cañiza e ao serán de Barcela, en Arbo, pero esquecimos levar a cámara para "documentar".

O domingo pasado fomos ao serán de Luorido, en Folgoso de Salvaterra e esta vez, si levamos a cámara de fotos. Levamos:

A rumboia.
Palmira.
Rumba de Toedo.
Maneo de Viladabade.



martes, 29 de marzo de 2011

Pandereteiras

O blog das pandereteiras de Vide quedouse pasmado unha mañán de xiada, pero agora que chega a primavera imos ver se podemos ilo enchendo pouco a pouco para contar como nos vai, a onde imos e que novas temos.

E empezo agora mesmo:
O sábado fomos ao serán de Vilacoba, levamos:
-"Anda! , que xa non te quero"
- " Montealegre" e
-" Ao baixar do monte"
Estivemos a piques de cambiar a primeira pola Xota de Cabeiras, porque
outras pandereteiras que cantaron antes ca nós tamén a levaban, pero como era outra versión , ao final cantámola igual.
Tocounos cantar a unha da mañán pero a esa hora empezou a festa para nós.
Tocamos c@s de Arbo,
esperamos para tocar e cantar acompañando aos "Catro Langhetas" - os tres nenos "nosos"- e cando marchabamos e o
serán ía acabando ós de Vilacoba pedíronnos que nos quedáramos e lle botaramos "unhas"



E pasounos iso de:

"agora que ma puxeron
a pandeireta na manhe
aghora que ma puxeron
canto aquí a mañanhe"



martes, 8 de febrero de 2011

Montealegre

Poño aquí Montealegre, dos Carunchos, para afinar ben: