miércoles, 11 de noviembre de 2009

Cantando o nadal

Xa empezan os ensaios para ir cantar as Xaneiras e mais os Reis, aquí tedes material para ir repasando:

OS CHICHISOS



AS JANEIRAS




domingo, 2 de agosto de 2009

Aprendendo das outras

Se queredes ver como se pode riscar co puño, podeder velo nas de Lilaina



E para aprender a cantiga: Polafías en Cerdedo

martes, 26 de mayo de 2009

17 de maio



O Día das Letras Galegas fomos ao Instituto de As Neves, acompañando aos nenos e nenas de Vide.

Tocamos a pandeireta, cantamos e logo acompañamos a Ignacio mentras tocaba a gaita.

Nós pensabamos que aos rapaces do Instituto pouco lles podía interesar escoitar a unhas pandereteiras e sorprendeunos o interés e respecto que amosaron escoitando tocar primeiro ás súas compañeiras de Arbo e logo a nós, nais e compañeiras deles.

¡Ata miraban con envexa de non saber cando ao final a gaita, o bombo, o tamboril e as pandeiretas acompañaron ás que se botaron a bailar no medio da pista!.

lunes, 27 de abril de 2009

Serán de Lentille


O sábado , malia que moitas pandereiteiras tiñan "compromisos", fomos unhas poucas ata o serán de Lentille, que nos parecía obrigado por dúas razóns:
- porque nos chamaron para invitarnos.
- porque son do mesmo concello ca nós: As Neves.

Non había moita xente, pero si moitas pandereteiras para cantar e tocar. E non teñades cuidado que as Pandereteiras de Vide cumpriron como as mellores. Claro que levabamos boas cantigas:

- Regueifa de San Salvador.- que no-la aprendeu Suso
- Foliada de Viladabade que no-la aprendeu a señora Elvira
- Miñeira de Barro de Arén- cantiga que aprendimos de Donicelas.
- Non hai ron- que a sabíamos dende hai tempo

Ana, que xa sabedes que non sube nin de broma, encargouse das fotos, e aínda que había pouca batería, temos un video la mar de bo.

Esta vez parece que escoitar escoitousenos.

sábado, 28 de febrero de 2009

Tanxedoras

Vai a letra da Xota de Lourido das Tanxedoras. Como sabedes, o Cd podedes atopalo na Biblioteca A Dúas:

Xota de Lourido.

Ai Barciademera caíu
ai Barciademera caíu
ai Redondo xa está no chan
ai aldeiña de Lourido
ai esa non cae que ten man
ai esa non cae que ten man
ai lala...

Retrouso:

Ai Sara, Sariña
ai Sara ti e-la miña
Ai Sara, Sarón
ai Sara do corazón



Ai eu tirei cunha pedriña
ai eu tirei cunha pedriña
ai de Marín a Redondela
matei un portuguesiño
que estaba de sentinela
ai que estaba de sentinela
ai lala....

Retrouso
Ai eu tirei unha alaranxa
ai eu tirei unha laranxa
ai de Marín a Portonovo
ai dentro daquela laranxa
ai vai o meu amor todo
ai vai o meu amor todo
ai lalalaa...

Retrouso

lunes, 16 de febrero de 2009

Os seráns que veñen

Estes son os seráns que veñen, via Malmequer así que as pandereteiras xa se escoller "actividades para a fin de semana", de aquí ata o verán, que este ano parece que estamos moi preguiceiras.

Sábado 28 de febreiro
-Serán de de Gargamala (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Venres 13 de marzo
-Serán da Ermida (Pazos de Borbén)

Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)
-Serán en Borreiros (Gondomar)

Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)
-II Ruada de Catoira

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
-Foliada de Melide

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

lunes, 9 de febrero de 2009

miércoles, 14 de enero de 2009

Cantos de Reis



O pasado sábado 3 de Xaneiro os nenos e nenas da Escola Unitaria de Vide, as pandereteiras e @s rapaz@s (e non tanto) cantamos os Reis por Vide adiante. Collimos as nosas pandeiretas, Edorta o acordeón, Mauro o bombo, Darío e Seve o tamboril e o resto puxeron as suas voces e nos subimos ós tractores, decorados para a ocasión e alá fomos. Paramos na Porteliña, na Chan, na Ponte, en Mirenciños, na Gándara e na Carrasqueira. A xente saíu a escoitar os nosos cantos e cantares e ó rematar déronnos un bo aguinaldo que Dina recollía sen que se escapase nin un euro nin unha galdrumada. O roteiro navideño rematou na "Casa da Auga" onde comimos e bebimos. Cos cartos do aguinaldo os nenos decidiron que querían alugar unha colchoneta para saltar todo o día no patio da escola e así será. Esperemos que este sexa o primeiro de moitos anos en que en Vide se escoiten no Nadal os cantos de Reis. Por certo, o vindeiro ano teremos un pandereteiriño ou pandeireteiriña máis entre nós: parabéns pandereteira!!!.

Se souberas

Aquí esta a cantiga Se souberas do disco madama de Leilía