jueves, 21 de febrero de 2008

videos e pandereteiras

O 1 de Marzo é o serán de Oliveira, aqui temos as Pandereteiras de Os Muiños de Oliveira en Arteixo.


E en Cervo 2007


De seráns

En Prado da Canda falárannos dun blog, malmequer, no que atoparíamos información sobre os serán que se ían celebrando na comarca. Visiteino ¿e sabedes o que atopei? un video do serán de Arbo.


E outro do serán de Prado da Canda.


Gracias malmequer polo voso blog,unha visita obrigada

E para que nos vaiamos preparando, ahí vai a lista dos seráns que se van celebrar pola ¿nosa? zona:

Sábado 1 marzo:

-Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Venres 7 marzo:

-Serán na Hermida (Pazos de Borbén)

Sábado 15 marzo:

-Serán en Borreiros (Gondomar)

Sábado 22 marzo:

-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 29 marzo:

-Serán en Vilaza (Gondomar)

Sábado 5 abril:

-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)¡ os nosos veciños!

Sábado 12 abril:

-Serán en Angudes (Crecente)

-Serán en San Pedro da Ramallosa (Nigrán)

lunes, 18 de febrero de 2008

O serán de Toutón

O sábado algunhas de nós fomos ó serán de Touton. Cando iamos chegando, as nove da noite, xa escoitabamos os cantares, as pandeiretas e as gaitas, e as que se foron pasadas as tres da mañán, contan que seguían subindo ó escenario grupos de mulleres e homes, novos e vellos, a tocar e cantar.
Foron con nós dúas rapazas novas que era a "súa primeira vez", e repetían: "que pasada, que pasada""menuda festa", e andaban mirar as datas dos seráns que se anunciaban nos carteis pegados nas paredes.
Desta vez decidíramos non apuntarnos para cantar, pero para os seráns de San Pedro da Ramallosa, ou o de Vilaza, en Gondomar, seguro que nos apuntamos. Ás que chegamos máis cedo, sorprendeunos un pouco atopar "postos de venta": rosquillas, galdrumadas..., e que as "tapas" que se ofrecían tivesen un precio un tanto esaxerado: seis euros a tapa de raxo, ou nove euros a de churrasco, pero contan as do final que logo das dúas da mañán repartiuse churrasco, mexilóns, raxo e viño de bale , e tamén chocolate. Non extraña que falaran de "festa rachada" e quedaran a pesares de estar baldadas de tanto cantar e bailar.
Da gusto formar parte de este movemento de recuperación das festas, dos tocares e dos cantares. E que tanta xente nova esté involucrada.
Magoa que ningunha de nos levara cámara de fotos.

Pandereteiras de Vide


Dende hai un ano un grupo de mulleres, na sua maioría da parroquia de Vide, xuntámonos na Escola un día á semana para aprender a tocar a pandeireta. A nosa mestra Lourdes ensínanos muiñeiras e jotas e entre ferreñas e repeniques aprendemos cancións tradicionais e hasta hai tempo para "adaptar" algunha letra.
Neste ano participamos en varios seráns: Gondomar, Covelo, Arbo e agardamos que chegue o verán para poñer música e festa ás noites de Vide.
E recordade que:
"somos as de Vide
o Sol do Condado
temos os amores
todos a puñados"