lunes, 18 de febrero de 2008

O serán de Toutón

O sábado algunhas de nós fomos ó serán de Touton. Cando iamos chegando, as nove da noite, xa escoitabamos os cantares, as pandeiretas e as gaitas, e as que se foron pasadas as tres da mañán, contan que seguían subindo ó escenario grupos de mulleres e homes, novos e vellos, a tocar e cantar.
Foron con nós dúas rapazas novas que era a "súa primeira vez", e repetían: "que pasada, que pasada""menuda festa", e andaban mirar as datas dos seráns que se anunciaban nos carteis pegados nas paredes.
Desta vez decidíramos non apuntarnos para cantar, pero para os seráns de San Pedro da Ramallosa, ou o de Vilaza, en Gondomar, seguro que nos apuntamos. Ás que chegamos máis cedo, sorprendeunos un pouco atopar "postos de venta": rosquillas, galdrumadas..., e que as "tapas" que se ofrecían tivesen un precio un tanto esaxerado: seis euros a tapa de raxo, ou nove euros a de churrasco, pero contan as do final que logo das dúas da mañán repartiuse churrasco, mexilóns, raxo e viño de bale , e tamén chocolate. Non extraña que falaran de "festa rachada" e quedaran a pesares de estar baldadas de tanto cantar e bailar.
Da gusto formar parte de este movemento de recuperación das festas, dos tocares e dos cantares. E que tanta xente nova esté involucrada.
Magoa que ningunha de nos levara cámara de fotos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

o Serán de Toutón e unha gran Festa,tamén unha racuperación das costunbres ancestrais da aldea. O que está claro e que como todalas festas supon un gastos,nunca ninguen por desgracia valorará o traballo das tres persoas que conseguiron levantar o nome da nosa aldea, senon que mais ben pratenden levar o merito catro rapazas mais novas que empezaron onte a tentar tocar a pandeireta.
sempre quedara pensar que Higinio Alvariño, Lucinda Barcia, e Alfonso Alvariño son os verdadeiros protagonistas da realización deste gran serán, desta gran festa.
un saudo dunha Toutona.