lunes, 18 de febrero de 2008

Pandereteiras de Vide


Dende hai un ano un grupo de mulleres, na sua maioría da parroquia de Vide, xuntámonos na Escola un día á semana para aprender a tocar a pandeireta. A nosa mestra Lourdes ensínanos muiñeiras e jotas e entre ferreñas e repeniques aprendemos cancións tradicionais e hasta hai tempo para "adaptar" algunha letra.
Neste ano participamos en varios seráns: Gondomar, Covelo, Arbo e agardamos que chegue o verán para poñer música e festa ás noites de Vide.
E recordade que:
"somos as de Vide
o Sol do Condado
temos os amores
todos a puñados"

2 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Coñecinvos onte, e sodes espectaculares. Grazas

Loly dijo...

Xa cho tiña dito... que estas mulleres de Vide son EXTRAORDINARIAS!!
Apertas