miércoles, 14 de enero de 2009
Cantos de Reis
O pasado sábado 3 de Xaneiro os nenos e nenas da Escola Unitaria de Vide, as pandereteiras e @s rapaz@s (e non tanto) cantamos os Reis por Vide adiante. Collimos as nosas pandeiretas, Edorta o acordeón, Mauro o bombo, Darío e Seve o tamboril e o resto puxeron as suas voces e nos subimos ós tractores, decorados para a ocasión e alá fomos. Paramos na Porteliña, na Chan, na Ponte, en Mirenciños, na Gándara e na Carrasqueira. A xente saíu a escoitar os nosos cantos e cantares e ó rematar déronnos un bo aguinaldo que Dina recollía sen que se escapase nin un euro nin unha galdrumada. O roteiro navideño rematou na "Casa da Auga" onde comimos e bebimos. Cos cartos do aguinaldo os nenos decidiron que querían alugar unha colchoneta para saltar todo o día no patio da escola e así será. Esperemos que este sexa o primeiro de moitos anos en que en Vide se escoiten no Nadal os cantos de Reis. Por certo, o vindeiro ano teremos un pandereteiriño ou pandeireteiriña máis entre nós: parabéns pandereteira!!!.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario