martes, 29 de marzo de 2011

Pandereteiras

O blog das pandereteiras de Vide quedouse pasmado unha mañán de xiada, pero agora que chega a primavera imos ver se podemos ilo enchendo pouco a pouco para contar como nos vai, a onde imos e que novas temos.

E empezo agora mesmo:
O sábado fomos ao serán de Vilacoba, levamos:
-"Anda! , que xa non te quero"
- " Montealegre" e
-" Ao baixar do monte"
Estivemos a piques de cambiar a primeira pola Xota de Cabeiras, porque
outras pandereteiras que cantaron antes ca nós tamén a levaban, pero como era outra versión , ao final cantámola igual.
Tocounos cantar a unha da mañán pero a esa hora empezou a festa para nós.
Tocamos c@s de Arbo,
esperamos para tocar e cantar acompañando aos "Catro Langhetas" - os tres nenos "nosos"- e cando marchabamos e o
serán ía acabando ós de Vilacoba pedíronnos que nos quedáramos e lle botaramos "unhas"



E pasounos iso de:

"agora que ma puxeron
a pandeireta na manhe
aghora que ma puxeron
canto aquí a mañanhe"



martes, 8 de febrero de 2011

Montealegre

Poño aquí Montealegre, dos Carunchos, para afinar ben:

jueves, 28 de octubre de 2010

Rumba de Mondariz

En nada comenzaremos cos cantos de reis, pero antes esta Xota do Barrio do Ceo e Rumba de Mondariz para ir aprendendo


e tamén a Rumba de Anxeriz, que nós coñecemos como Rumba de Toendo

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Cantando o nadal

Xa empezan os ensaios para ir cantar as Xaneiras e mais os Reis, aquí tedes material para ir repasando:

OS CHICHISOS



AS JANEIRAS




domingo, 2 de agosto de 2009

Aprendendo das outras

Se queredes ver como se pode riscar co puño, podeder velo nas de Lilaina



E para aprender a cantiga: Polafías en Cerdedo

martes, 26 de mayo de 2009

17 de maio



O Día das Letras Galegas fomos ao Instituto de As Neves, acompañando aos nenos e nenas de Vide.

Tocamos a pandeireta, cantamos e logo acompañamos a Ignacio mentras tocaba a gaita.

Nós pensabamos que aos rapaces do Instituto pouco lles podía interesar escoitar a unhas pandereteiras e sorprendeunos o interés e respecto que amosaron escoitando tocar primeiro ás súas compañeiras de Arbo e logo a nós, nais e compañeiras deles.

¡Ata miraban con envexa de non saber cando ao final a gaita, o bombo, o tamboril e as pandeiretas acompañaron ás que se botaron a bailar no medio da pista!.

lunes, 27 de abril de 2009

Serán de Lentille


O sábado , malia que moitas pandereiteiras tiñan "compromisos", fomos unhas poucas ata o serán de Lentille, que nos parecía obrigado por dúas razóns:
- porque nos chamaron para invitarnos.
- porque son do mesmo concello ca nós: As Neves.

Non había moita xente, pero si moitas pandereteiras para cantar e tocar. E non teñades cuidado que as Pandereteiras de Vide cumpriron como as mellores. Claro que levabamos boas cantigas:

- Regueifa de San Salvador.- que no-la aprendeu Suso
- Foliada de Viladabade que no-la aprendeu a señora Elvira
- Miñeira de Barro de Arén- cantiga que aprendimos de Donicelas.
- Non hai ron- que a sabíamos dende hai tempo

Ana, que xa sabedes que non sube nin de broma, encargouse das fotos, e aínda que había pouca batería, temos un video la mar de bo.

Esta vez parece que escoitar escoitousenos.