jueves, 4 de diciembre de 2008

Cantos de Nadal en Vide




Os martes á tarde a Unitaria de Vide convírtese nun local de ensaio. Nen@s e maiores xuntámonos para cantar e tocar xa que este Nadal iremos polas casas de Vide cantando os reises e pedindo o aghinaldo, por suposto. As pandereteiras temos que poñernos as pilas porque os máis pequenos nos levan vantaxe e xa saben tódalas cancións. Ademáis de voces e pandeiretas tamén soarán gaitas, acordeón, tamboril e bombo e temos hasta cabra!!!, aínda que non sei si irá... A festa está servida, polo menos pola nosa banda! E xa sabedes dade o aghinaldo porque se non ...

jueves, 16 de octubre de 2008

¿A que vos soa isto?

¡hai que aprendelo!
Son as pandereteiras de Barro de Arén coa Xota de Vilariño.

miércoles, 15 de octubre de 2008

sábado, 26 de julio de 2008

pandereteiras

¡Canto tempo sen entrar aqui!

Pero as pandereteiras seguimos tocando e vou ir poñendo aquí videos de pandereteiras e cantigas para ir aprendendo .

Aquí as mulleres de Faltriqueira coa Muiñeira vella de Mordomo.


Agora a Muiñeira de Sabaxáns polo grupo Subela

miércoles, 9 de abril de 2008

fumos a Lentille



O sábado pasado fumos ao serán de Lentille, en Batalláns.E fumos tocar a pandeireta e cantar. Levábamos catro cantigas:A Lauridinha, a muiñeira ribeirana, a muiñeira de Sofán e o Verdegaio, pero como había pouca xente participando pedíronnos que cantáramos outra. Cantamos entón unha xota: a Labrada de COrtellas.Como sempre a megafonía nin se notaba pero como o lugar era pequeno e a xente estaba moi perto de nós, parece que esta vez si se escoitaba algo. Nós quedamos contentas, porque nos gusta cantar e tocar xuntas, e iso foi o que fixemos.

O vindeiro sábado iremos a Crecente, e seguro que o pasamos igual de ben.

lunes, 31 de marzo de 2008

Canto de arrolar

Este neniño pequeno,
quen o vai aturular?
Súa nai vai no muíño
e seu pai vai traballar. Ea.
Este neniño pequeno,
quen lle vai a da-la teta?
Súa nai vai no muíño
e seu pai na leña seca. Ea.
Este neniño pequeno,
Heino de aprender a todo:
a amasar, a peneirar
e a bota-lo pan no forno. Ea, ea.
Este neniño pequeno
heino de mandar á escola;
heille de comprar un bombo
e mais unha castañola. Ea, Ea.

Este canto de arrolar escoiteino hai moito tempo e hoxe recupereino para adicarllo a tódolos pequenos e pequenas e a tódalas nais e pais e tamén para contarvos unha curiosidade: sabíades que o fluxo sanguíneo e os latidos do corazón do bebé mentres está no útero teñen un ritmo ternario, igual que a muiñeira? Cando estabamos no útero materno o noso sangue, o noso corazón ía a ritmo de muiñeira, pero sen repenique, claro. Vai ser por iso que lle damos mais xeito á muiñeira que a jota...

viernes, 28 de marzo de 2008

Serán en Lentille

Arancha e Mari por fin terán foliada. O vindeiro sábado 5 de Abril os nosos veciños de Lentille organizan un serán. Alí estaremos as pandereteiras de Vide e ademais tocaremos dous temas novos: unha muiñeira e "Lauridinha", un tema portugués que fala dunha muller chamada Lauridinha que non ten pensado ser unha Penélope que agarda o seu Ulises facendo punto. Fáltanos saber si Fabiola se atreverá a bailar, porque temos coreografía e todo! Entre o público estará Mateo bailando e pedindo: outra, outra, outra! (animado por Dina, claro) e nós tocaremos outra, a que non pode faltar: "O verde gaio". Seguro que o sábado á noite non tedes nada mellor que facer, así que animádevos e vide a Lentille de festa!.