miércoles, 14 de enero de 2009

Cantos de Reis



O pasado sábado 3 de Xaneiro os nenos e nenas da Escola Unitaria de Vide, as pandereteiras e @s rapaz@s (e non tanto) cantamos os Reis por Vide adiante. Collimos as nosas pandeiretas, Edorta o acordeón, Mauro o bombo, Darío e Seve o tamboril e o resto puxeron as suas voces e nos subimos ós tractores, decorados para a ocasión e alá fomos. Paramos na Porteliña, na Chan, na Ponte, en Mirenciños, na Gándara e na Carrasqueira. A xente saíu a escoitar os nosos cantos e cantares e ó rematar déronnos un bo aguinaldo que Dina recollía sen que se escapase nin un euro nin unha galdrumada. O roteiro navideño rematou na "Casa da Auga" onde comimos e bebimos. Cos cartos do aguinaldo os nenos decidiron que querían alugar unha colchoneta para saltar todo o día no patio da escola e así será. Esperemos que este sexa o primeiro de moitos anos en que en Vide se escoiten no Nadal os cantos de Reis. Por certo, o vindeiro ano teremos un pandereteiriño ou pandeireteiriña máis entre nós: parabéns pandereteira!!!.

Se souberas

Aquí esta a cantiga Se souberas do disco madama de Leilía


jueves, 4 de diciembre de 2008

Cantos de Nadal en Vide




Os martes á tarde a Unitaria de Vide convírtese nun local de ensaio. Nen@s e maiores xuntámonos para cantar e tocar xa que este Nadal iremos polas casas de Vide cantando os reises e pedindo o aghinaldo, por suposto. As pandereteiras temos que poñernos as pilas porque os máis pequenos nos levan vantaxe e xa saben tódalas cancións. Ademáis de voces e pandeiretas tamén soarán gaitas, acordeón, tamboril e bombo e temos hasta cabra!!!, aínda que non sei si irá... A festa está servida, polo menos pola nosa banda! E xa sabedes dade o aghinaldo porque se non ...

jueves, 16 de octubre de 2008

¿A que vos soa isto?

¡hai que aprendelo!
Son as pandereteiras de Barro de Arén coa Xota de Vilariño.

miércoles, 15 de octubre de 2008

sábado, 26 de julio de 2008

pandereteiras

¡Canto tempo sen entrar aqui!

Pero as pandereteiras seguimos tocando e vou ir poñendo aquí videos de pandereteiras e cantigas para ir aprendendo .

Aquí as mulleres de Faltriqueira coa Muiñeira vella de Mordomo.


Agora a Muiñeira de Sabaxáns polo grupo Subela

miércoles, 9 de abril de 2008

fumos a Lentille



O sábado pasado fumos ao serán de Lentille, en Batalláns.E fumos tocar a pandeireta e cantar. Levábamos catro cantigas:A Lauridinha, a muiñeira ribeirana, a muiñeira de Sofán e o Verdegaio, pero como había pouca xente participando pedíronnos que cantáramos outra. Cantamos entón unha xota: a Labrada de COrtellas.Como sempre a megafonía nin se notaba pero como o lugar era pequeno e a xente estaba moi perto de nós, parece que esta vez si se escoitaba algo. Nós quedamos contentas, porque nos gusta cantar e tocar xuntas, e iso foi o que fixemos.

O vindeiro sábado iremos a Crecente, e seguro que o pasamos igual de ben.